Na Fundación ONCE, guiados polo noso compromiso de mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, seguimos de maneira activa as evolucións normativas tanto a nivel europeo como estatal que afectan aos dereitos das persoas con discapacidade e as súas familias.
A nivel estatal
Por este motivo, e en colaboración co CERMI, traballamos na promoción da mellora da situación das persoas con discapacidade en ámbitos como o emprego, o tributario, a sanidade ou a Seguridade Social.
Sen dúbida o principal fito lexislativo en 2013 foi a publicación do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa inclusión social, que por primeira vez, unifica toda a normativa existente na materia: a Lei de Integración Social de Persoas con Discapacidade (LISMI), de 1982; a Lei de Igualdade de Oportunidades, non Discriminación e Accesibilidade Universal das Persoas con Discapacidade (LIONDAU), de 2003, e a Lei pola que se establece o réxime de infraccións e sancións en materia de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, de 2007. Porén, este Real Decreto Lexislativo vai máis alá de ser un compendio de leis. Todas as normas citadas actualizáronse e harmonizáronse seguindo a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, o que implica a superación do concepto asistencial de décadas pasadas.
Tamén acadáronse salientables avances normativos en materia de accesibilidade (ex. Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas), de transporte (Lei 9/2013, do 4 de xullo, pola que se modifica a lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e a lei 21/2003, do 7 de xullo, de seguridade aérea), ou de emprego e Seguridade Social (como a Lei 11/2013, do 26 de xullo, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego ou a Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización), por citar algúns exemplos.
No logro de avances lexislativos como estes foi fundamental a participación da Fundación ONCE nos principais observatorios lexislativos e a colaboración cos distintos operadores xurídicos, como é o caso do Consello Xeral da Avogacía Española, o Consello Xeral do Notariado, o Foro de Xustiza e Discapacidade promovido polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Real Padroado sobre Discapacidade.
Para obtener más información sobre la normativa que afecta a la discapacidad puede consultar el siguiente enlace:
http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/derechos/Paginas/default.aspx
A nivel europeo
Entre 2012 e 2013 cómpre salientar, por un lado, a adopción do Regulamento 1025/2012 sobre normalización europea, que pasa a ser dereito positivo directamente aplicable no ordenamento xurídico español, e en virtude do cal se dispón que o sistema de normalización europea ha de ter en conta a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e, por outro, a adopción da Directiva 2012/29/UE sobre os dereitos e a protección de vítimas de delitos, en cuxo considerando 15 dispón que os estados membros deben coidar que as vítimas con discapacidade poidan gozar plenamente dos dereitos establecidos na devandita Directiva en pé de igualdade cos demais, o que inclúe facilitar o acceso aos locais nos que teñan lugar os procesos penais, así como o acceso á información.
Tamén é importante salientar a adopción formal do Regulamento para crear un mercado europeo de fondos de investimento social, así como a aprobación da nova Directiva sobre Contratación Pública e dos Regulamentos dos Fondos Estruturais.
Por outra parte, o 8 de febreiro de 2012 a Comisión Europea presentou o proxecto de regulamento relativo ao Estatuto de Fundación Europea, o que supón un paso adiante para o recoñecemento do sector fundacional a nivel europeo, xa que permitirá as fundacións establecidas ou que operen en máis dun país europeo, crear unha fundación europea rexistrada nun único país con posibilidade de operar en varios.
Igualmente atópase en tramitación o proxecto de directiva sobre a accesibilidade dos sitios web.
Se desexa acceder a información máis detallada dos principais avances normativos, tanto a nivel nacional como europeo, pode consultar o seguinte resumo: