Que facemos

Fondo Social Europeo

You are in main content

Fondo Social Europeo


Unión Europea: Fondo Social Europeo. Unha alianza que medra e se consolida

Fundación ONCE mantén dende o ano 2000 unha sólida alianza coa Unión Europea como xestora de axudas do Fondo Social Europeo, dirixidas á inclusión social das persoas con discapacidade por medio da formación e o emprego, coas que son atendidas unhas 25.000 persoas cada ano e se axuda a atopar traballo a unhas 6.000, cunha media dun 42% de mulleres. Son máis que números, son historias de vida.

Levamos a cabo todas as accións necesarias en España e en Europa para maximizar as nosas posibilidades de seguir xestionando dende Fundación ONCE, tanto directamente como a través de Inserta Emprego este tipo de Fondos, esenciais para o cumprimento dos nosos fins sociais e que nos permiten multiplicar os fondos procedentes do noso fundador, a ONCE.

Partindo dunha xestión excelente baseada no traballo das e dos profesionais que desenvolven os programas de emprego e formación cofinanciados polo FSE e apoiados por ferramentas tecnolóxicas que reforzan a eficacia e eficiencia da xestión, contribúese a potenciar a creación de emprego, o emprendemento, a fomentar a captación e o desenvolvemento do talento das persoas con discapacidade, a alcanzar o equilibrio orzamentario da Fundación ONCE e a apoiar a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade dende o movemento asociativo das persoas con discapacidade e as súas familias.

Contamos con aliados esenciais para o cumprimento deste fin, tanto en España como en Europa: ademais das propias persoas con discapacidade e das entidades que as representan, son socios fundamentais as universidades, que contribúen a unha formación de calidade e as empresas que confían no seu talento e achegan riqueza social os seus centros de traballo.

Cos programas que desenvolvemos no marco desta alianza que se consolida día a día, reforzamos o efecto multiplicador do FSE, mantemos e robustecemos o noso liderado en España e en Europa como xestores de confianza destas axudas e damos a coñecer mediante campañas de comunicación, o valor engadido que representa a Unión Europea para a cohesión social dos colectivos con maior risco de exclusión, contribuíndo deste xeito a alcanzar a visión de Fundación ONCE de ser a entidade de referencia para a creación de emprego de calidade e a formación para as persoas con discapacidade, como elementos clave para a súa inclusión.

Ligazóns de interese