A misión da Fundación ONCE é contribuír á plena inclusión social das persoas con discapacidade, apoiando así a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación.
O obxectivo ou propósito principal que a Fundación ONCE persegue desde 1988 é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, promovendo iniciativas sociais que levan a cabo as entidades da discapacidade, as persoas con discapacidade e as súas familias.
Desde o convencemento de que a mellor forma de lograr a normalización do colectivo de persoas con discapacidade é a través da inserción laboral, a Fundación ONCE destina arredor de dous terzos do seu orzamento a actuacións orientadas ao EMPREGO E A FORMACIÓN das persoas con discapacidade, destinando o resto do orzamento ás actuacións no eido da ACCESIBILIDADE UNIVERSAL.
A Fundación ONCE apoia este tipo de actuacións a través dunha serie de OPERACIÓNS para as que son potenciais beneficiarios:
Tipo de operaciones
Beneficiarios
Son potenciais beneficiarios das convocatorias de axudas da Fundación ONCE:
- Calquera entidade de nacionalidade española, dotada de personalidade xurídica que, de acordo cos seus estatutos, desenvolva unha actividade coincidente coa que leva a cabo a Fundación ONCE. Neste grupo considéranse particularmente as entidades sen ánimo de lucro no eido do movemento asociativo de persoas con discapacidade, é dicir, asociacións, federacións, fundacións e confederacións nos distintos ámbitos de actuación xeográfica.
- Calquera persoa física de nacionalidade española afectada por calquera tipo de discapacidade. Para estes efectos, será imprescindible que a dita persoa estea en posesión do correspondente certificado de discapacidade emitido pola Administración pública competente.
- Calquera persoa física que sexa cidadá da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza que estean en España no exercicio da libre circulación e residencia. Así como calquera persoa estranxeira que non sexa cidadá da Unión Europea, e que necesariamente debe ter un permiso de residencia e estar empadroada en calquera localidade do territorio español. Para estes efectos, será imprescindible que a dita persoa estea en posesión do correspondente certificado de discapacidade emitido pola Administración pública competente.