Unha visión empresarial da inserción social das persoas con discapacidade
ILUNION materializa no ámbito empresarial a iniciativa social da ONCE e a súa Fundación cun modelo pioneiro e innovador, que mantén o equilibrio entre os seus valores económicos e sociais.
ILUNION conta cun cadro de persoal de 37.907 traballadores e traballadoras, dos que 15.370 son persoas con algún tipo de discapacidade (40,55%). Ademais, para cumprir co seu compromiso de crear emprego para persoas con discapacidade, ILUNION participa noutras empresas sociais, contribuíndo ao sostemento doutros 7.300 postos de traballo, dos cales o 81% son ocupados por persoas con discapacidade.
ILUNION, cunha experiencia de case 30 anos, está presente nos sectores de actividade máis importantes e é líder en lavandería industrial, contact center, servizos integrais, solucións tecnolóxicas e accesibilidade universal.
ILUNION desenvolve a súa actividade empresarial en cinco divisións: Business & Facility Services, Sociosanitaria, Consultoría, Turismo, e Comercialización. Estas divisións reúnen máis de 50 liñas de actividade, con presenza en toda a xeografía española con preto de 500 centros de traballo dos cales case a metade son Centros Especiais de Emprego.
ILUNION é un proxecto empresarial, social e responsable con ambiente cuxa meta é a excelencia na súa xestión, sumando capacidade, experiencia, talento e inclusión, e unindo competitividade, innovación, eficacia e diversidade.