Quen somos

Rede de Relacións

You are in main content

Rede de Relacións

Fundación ONCE é unha plataforma de encontro

Ademais da propia ONCE, como entidade fundadora, están presentes na Fundación ONCE, a través do seu Padroado, máximo órgano de goberno, as principais organizacións de discapacitados de España, como son as seguintes:

  • COCEMFE (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica).
  • PLENA INCLUSIÓN
  • CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas).
  • FIAPAS (Confederación Española de Familias de Persoas Xordas).
  • CONFEDERACIÓN SALUD MENTAL ESPAÑA
  • ASPACE (Confederación Española de Federacións e Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise e Afíns)

Tamén forma parte do Padroado da Fundación ONCE o CERMI (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad); unha plataforma que agrupa as principais organizacións de discapacitados de España, moitas delas de carácter autonómico, e que reúne a máis de 8.000 asociacións e entidades que representan os 3,8 millóns de persoas con discapacidade que existen no noso país. Así mesmo, son vogais de libre designación dos representantes da Administración do Estado. 

Fundación ONCE representa, dunha forma cada vez máis activa, un exemplo da actitude, o espírito e o esforzo dunha sociedade civil articulada en torno ás súas organizacións representativas e que non aforra empeños cando se trata de mellorar as condicións de vida de determinados colectivos e da sociedade en xeral.

A principal fonte de financiamento de Fundación ONCE son os recursos procedentes da comercialización do cupón, un 3% dos ingresos brutos; esta cifra supón, practicamente, un de cada tres euros que a ONCE dedica a servizos sociais.

A segunda fonte de financiamento é o Fondo Social Europeo (FSE). A Fundación ONCE mantén unha importante alianza co Fondo Social Europeo dende o ano 2000, o que lle permite multiplicar o seu impacto social. No período de programación do FSE 2014-2020, a Fundación é xestora, co dobre status de Entidade Beneficiaria e de Organismo Intermedio, dos Programas Operativos de Inclusión Social e Economía Social –POISES– e de Emprego Xuvenil –POEJ–. Para levar a cabo estes programas, Fundación ONCE actúa da man de Inserta Emprego en calidade de Beneficiaria dos ditos programas.

Dende 1988, Fundación ONCE dedicou máis de 1.000 millóns de euros a programas e actuacións en favor das persoas con discapacidade, en ámbitos como a formación e a inserción laboral, a accesibilidade global —supresión de barreiras de todo tipo— e a cooperación con entidades públicas e privadas con intereses afíns, colaborando cos poderes públicos no cumprimento das obrigas e os deberes específicos establecidos pola Constitución e as leis.